Contido coa etiqueta gonzalo pérez jácome .

Contido coa etiqueta gonzalo pérez jácome .

Gonzalo Pérez Jácome

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense / Europa Press

Gonzalo Pérez Jácome substitúe as conferencias de prensa por directos en Youtube

04/12/2024 17:28

O PSdeG advertiu que non convocar os medios representa "un ataque aos dereitos da cidadanía e ao labor dos xornalistas"

Os directos son emitidos na súa canle de televisión privada, Auria Televisión


Gonzalo Pérez Jácome chegando ao Xulgado de Instrución número 2 de Ourense / EP

Gonzalo Pérez Jácome declara como investigado por inxurias a un traballador municipal

27/11/2024 17:30

O rexedor publicou nas súas redes sociais unha fotografía do funcionario sen consentimento previo, acompañada dunha mensaxe denigrante


Dimite o edil do PP de Ourense Miguel Michinel tras facilitar o partido modificacións orzamentarias a Jácome

08/11/2024 20:18

A dirección popular ourensá "respecta" a decisión, que comunicou ao grupo municipal pouco antes de facelo público


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha conferencia de prensa (EFE/Brais Lorenzo)

Rota a negociación para unha moción de censura en Ourense

03/07/2024 17:21

O PP anuncia que non participará máis do que ve "un circo"

Os populares evitan desvelar que votará o venres sobre as luces de Nadal, mentres o PSOE sospeita dun "pacto oculto" con Jácome


O concelleiro do BNG en Ourense, Manuel Puga, saúda a concelleira e voceira do PSOE, Natalia González (Europapress)

A Executiva do PSOE de Ourense propón a Natalia González para a alcaldía

27/06/2024 12:52

O PPdeG avisa de que non vai seguir negociando mentres o BNG non levante o veto aos populares


Imaxe de arquivo

PP e PSOE ofrécense a encabezar a moción de censura en Ourense, pero o BNG di que non dará a alcaldía ao PP

20/06/2024 21:16

As tres formacións saíron sen un acordo da segunda reunión para sacar a Jácome da alcaldía


Imaxe de arquivo

PP, PSOE e BNG analizan unha moción de censura en Ourense

13/06/2024 22:20

Os nacionalistas confirmaron o apoio coa condición de que o alcalde sexa do PSOE


Jácome devolve o seu posto ao interventor municipal de Ourense ao que cesara

03/06/2024 18:19

O alcalde cumpre cunha resolución xudicial  que deixou sen efecto o cesamento do funcionario


O alcalde de Ourense anuncia que non volverá convocar a xunta de voceiros no que resta de mandato

21/05/2024 13:05

Jácome xustifica a decisión pola falta de resposta dos grupos políticos sobre as propostas que lles trasladou a para eliminar a ORA e valorar a posible entrada de novos accionistas no Club Ourense Baloncesto

Os grupos da oposición acusan a Jácome de falta de transparencia e piden concreción nos asuntos para tratar


Puente di que Galicia gañará frecuencias e prazas cos Avril e que Avlo chegará "xa"

16/05/2024 10:58

O ministro Óscar Puente realizou a ruta de simulación de viaxe comercial desde Madrid ata A Coruña, á que se sumou en Santiago Alfonso Rueda

Ata o 21 de xullo haberá dúas conexións de ida e volta con Madrid, unha desde A Coruña e outra desde Vigo, feitas cos Avril

Xa a primeiros de outubro todos os servizos, doce conexións de ida e volta, serán con estes trens, cun Avlo por sentido a Vigo e á Coruña  


Jácome cesa o interventor municipal que o denunciou por acoso laboral

19/04/2024 19:45

O interventor é un funcionario nomeado por concurso e o Ministerio de Facenda dixo nun informe que non podía ser cesado 

O cesado denunciou o alcalde por acoso laboral e o xuízo tivo lugar esta mesma semana


A Fiscalía abre dilixencias de investigación penal a Jácome pola denuncia dos seus excompañeiros

01/03/2024 12:33

Na demanda, presentada no decembro pasado, acusan o alcalde de Ourense de malversación ao compaxinar a súa actividade profesional co salario público


Gonzálo Pérez Jácome, na súa comparecencia tras o escrutinio (EFE/Alejandro Camba)

Jácome celebra a entrada de DO no Parlamento e di que será "chave tarde ou cedo"

19/02/2024 13:27

Cuestionado sobre o salto á política estatal, non o descarta: "Cruzaremos ese río cando cheguemos a el"


Democracia Ourensana "non será chave" no Hórreo pero vai "rosmar" toda a lexislatura

18/02/2024 23:02

O partido que lidera Gonzalo Pérez Jácome obtén un deputado no Parlamento


Democracia Ourensana, a formación de Jácome, concorrerá ás autonómicas

10/10/2023 10:52

Aínda non determinou se o fará coa súa propia marca ou ben baixo o paraugas dunha plataforma provincial


Jácome anuncia "roldas de comprobación" das xornadas dos funcionarios

20/09/2023 15:13

O alcalde de Ourense di el en persoa, ou alguén do seu equipo, fará as comprobacións e que abrirá expedientes a quen non cumpra


O presidente da Xunta iniciará con Sanmartín o 2 de outubro as reunións cos alcaldes

01/09/2023 14:20

Alfonso Rueda di que a súa intención e reunirse con todos os rexedores que o pediron

Despois da alcaldesa compostelá será a quenda de Pérez Jácome, Rey Varela e Fernández Lores


Jácome suspende o teletraballo para os empregados do concello de Ourense

30/06/2023 20:09

"O maior erro como alcalde de 2019 a 2023 foi levar a pleno a ordenanza de teletraballo", di o alcalde


Gonzalo Pérez Jácome: "PSOE e BNG non son de fiar, pactar co PP era o máis estable"

21/06/2023 15:22

O alcalde de Ourense desvela o contido das negociacións que define como "partida de póker" en que o seu partido "xogou ben as súas cartas"


Jácome pídelle ao Santísimo na ofrenda do Antigo Reino que ilumine os novos alcaldes

18/06/2023 14:50

O rexedor ourensán foi o encargado de realizar a ofrenda, unha tradición con máis de 300 anos, na catedral de Lugo


Manuel Cabezas. candidato popular á alcaldía de Ourense

Manuel Cabezas avanza que deixará o Concello de Ourense

17/06/2023 15:41

Manuel Cabezas anuncia a súa retirada como concelleiro en Ourense minutos despois de rematar o pleno de investidura que proclamou a Jácome como alcalde

Asegura que non tivo coñecemento previo do acordo de investidura que o seu partido negociou con Democracia Ourensana


Gonzalo Pérez Jácome, de novo alcalde de Ourense

Pérez Jácome, de novo alcalde de Ourense grazas a un pacto "in extremis" co PP

17/06/2023 12:24

Gonzalo Pérez Jácome recibiu o apoio dos dez concelleiros de Democracia Ourensana, polo que gobernará en minoría a terceira cidade de Galicia

Os sete edís do PP votaron a Manuel Cabezas, os seis do PSdeG-PSOE a Francisco Rodríguez, que tamén recibiu o apoio dos catro nacionalistas do BNG

Manuel Cabezas retírase do Concello por discrepancias co acordo do que soubo "minutos antes do pleno"


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (EFE/Brais Lorenzo)

O PP propón a PSdeG e BNG "un goberno de coalición" en Ourense para evitar que Jácome repita como alcalde

14/06/2023 12:54

As tres formacións terían unha repartición "proporcional" das áreas segundo os resultados electorais, que sería liderado polo PP e no que PSOE e BNG contarían con dúas tenencias de alcaldía


A Audiencia confirma a absolución do alcalde de Ourense polo empurrón a unha manifestante

09/06/2023 15:57

Gonzalo Pérez Jácome xa fora absolto en primeira instancia ao entender que a súa actuación era “unha mera reacción ao feito de que a denunciante utilizase o megáfono a escasos centímetros da súa cara”


A Fiscalía investiga a veracidade dos audios de Jácome

08/06/2023 14:31

Poucos días antes de que se constitúa a corporación, a Fiscalía investiga a veracidade dos audios de Jácome pola posible comisión dos delitos de falsidade documental, suborno e tráfico de influencias

As gravacións, publicadas polo xornal local La Región, foron denunciadas no xulgado polo conxunto da oposición


Fracasa o primeiro intento do PP para apartar a Jácome da alcaldía de Ourense

02/06/2023 15:40

O candidato do BNG non quixo sentar este venres a negociar: "Non nos gusta esta foto"

O PSdeG di que hai que respectar os tempos que marquen as direccións dos partidos a nivel galego

O PP volve emprazar a BNG e PSdeG a vindeira semana. Cre o caso de Ourense non debe entrar nunha estratexia xeral de pactos

Rueda cre que a actitude de PSOE e BNG fan “moi difícil” unha solución a Ourense


PSdeG e PPdeG buscan a fórmula para apartar a Jácome da alcaldía de Ourense

01/06/2023 20:28

Cabezas anuncia que convocou a socialistas e nacionalistas, pero Rodríguez (PSdeG) e Seara (BNG) rexeitaron a invitación

Jácome pon en valor os dez concelleiros obtidos por Democracia Ourensana para pedir que se deixe gobernar na cidade a lista máis votada

Formoso crea unha comisión para negociar co BNG a investidura de gobernos progresistas en todos os concellos onde sexa posible


Manuel Cabezas na xornada electoral (EFE/Brais Lorenzo)

Cabezas pide ao BNG que se posicione tras acordar con Rodríguez poñer fin á era Jácome

01/06/2023 11:24

“Tanto Paco Rodríguez coma min temos a firme vontade de cumprir co que dixemos no seu día, pero que vai facer o BNG?”, pregúntase nun comunicado o candidato do Partido Popular

Jácome afea a Cabezas pasar de que goberne o máis votado a outro plan b "sen ruborizarse"


Gonzalo Pérez Jácome celebra o resultado electoral (EFE/Brais Lorenzo)

O PSOE provincial de Ourense quere negociar con Jácome apartar a Baltar da Deputación

31/05/2023 12:24

A executiva provincial do PSOE de Ourense acordou explorar esta posibilidade de acordo

Desde o PSdeG desbotan "negociar nada con Jácome" e din que o marco para establecer pactos é potestade do partido en Galicia


O xuíz denega a petición de Jácome e permite a difusión dos audios

13/05/2023 13:34

O alcalde de Ourense formalizou denuncias nas que acusa a La Región e La Voz de Galicia por emitir unhas conversas comprometidas que o ligarían con prácticas irregulares sen cuestionar o seu contido

O xulgado denegoulle a Pérez Jácome prohibirlle a La Región a difusión das gravacións 


A Fiscalía abre dilixencias de investigación penal polos audios do alcalde de Ourense

10/05/2023 15:11

O PSOE presentou este martes unha demanda ante o Ministerio Fiscal e este mércores o BNG presentou outra ante a Fiscalía Xeral do Estado

O alcalde ourensán desacredita a validez das gravacións e asegura que están manipuladas

Jácome fala dunha campaña que converteu as eleccións un plebiscito para escoller entre "a mafia" ou o seu partido



Jácome denuncia no xulgado "espionaxe" tras novos audios que o ligan a prácticas irregulares

09/05/2023 16:14

En varias gravacións difundidas en medios de comunicación escóitase o rexedor ourensán explicar como branquear cartos para a campaña electoral ou pedirlle a uns funcionarios asumir unha multa que lle puxeron ao coche que habitualmente conduce


Gonzalo Pérez Jácome nun pleno do Concello de Ourense

Jácome intentou que dous funcionarios asumisen unha multa do seu coche en Vigo

06/05/2023 19:36

"O que non pode ser é que me pillen a min. Perdo votos" argumentou ante eles o alcalde de Ourense, nuns audios que publica en exclusiva o xornal La Región

Fiinalmente identificou como condutor un colaborador seu e amigo que vai na súa candidatua de DO ao Concello de Ourense

Os grupos políticos de Ourense como o BNG, o PSOE, Podemos e mesmo o PP denunciaron os feitos tras coñeceren os audios e piden que investigue a xustiza


Absolven o alcalde de Ourense do delito de maltrato por empuxar unha manifestante

19/01/2023 10:38

Na sentenza, o xuíz asegura: "Aínda  que a súa reacción quizais sexa un tanto desproporcionada,  en ningún momento alcanza a intensidade suficiente como para ser considerada delituosa”


Montse Lama devolve aos populares a maioría na Deputación de Ourense

01/08/2022 09:18

Decidiu dar o paso de volver ao PP, partido ao que estivo afiliada exercendo como deputada provincial ata o 2019


Jácome anuncia que o PP deixa de cogobernar a cidade de Ourense

26/07/2022 14:55

O rexedor asegura que seguirá gobernando a cidade só cos concelleiros de Democracia Ourensana

Jácome toma a decisión de expulsar os concelleiros do PP logo de que non asistirán a reunión convocado por el para falar sobre o seu compromiso coa cidade o voceiro e o secretario do partido

 


O xulgado de Ourense anula unha modificación de crédito aprobada polo Concello

27/05/2022 17:41

Foron 62 millóns de euros destinados a desenvolver diversas obras e investimentos na cidade 


O PSdeG acusa o PPdeG e a Rueda de manter a Jácome "faga o que faga"

18/05/2022 16:05

Os socialistas convocaran os populares a unha reunión para buscarlle unha saída á situación en Ourense, pero os representantes do PPdeG non acudiron


Comisións Obreiras demanda a Jácome pola agresión a unha sindicalista

13/05/2022 15:51

O sindicato atribúelle un posible "maltrato de obra", unha vulneración dos dereitos sindicaise unha actuación contraria ao libre exercicio do dereito de folga

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 56 resultados.